DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Para celebrar o 17 de Maio, o alumnado das diferentes aulas escolleu unha canción tradicional galega, que aprenderon e cantaron, escribindo un anaco dela (título, estrofa, retrouso…), nunha peza dun puzle de madeira que, xuntas formaban o mapa da nosa terra. 

Desta conmemoración apreciamos o xeito tan sinxelo de explicar que Galicia é a nosa voz e as Nosas Letras.

Saúdos!



CELEBRACIÓN DOS MAIOS

As familias do noso cole, a través da ANPA e en colaboración cos mestres, mestras e alumnado do noso cole, recuperamos unha tradición galega moi fermosa: Os maios. A elaboración foi custosa pero  marabillosa e, entre as coplas creadas, o alumnado de 5º de primaria encargouse de cantalas, non só no noso cole, senón tamén no Concurso de maios levado a cabo polo Concello de Pontevedra. Aquí vos deixamos algunhas imaxes a través das que podedes acceder a toda a información. 

Saúdos!


PONTECIENCIA

 O noso cole participou en Ponteciencia, cun proxecto moi interesante relacionado co mar, titulado “A forza dos océanos”. 

A través de diferentes experimentos, os alumnos de 6º de Primaria, investigaron como se pode obter enerxía da forza do mar e dos océanos, e para isto expuxeron a súa investigación a través da iluminación da bombilla dun faro.

A participación de proxectos coma este, axúdannos a facer máis grande o noso recuncho de ciencia da biblio, que cada ano facemos máis completo.

A través destas imaxes vos deixamos enlaces para acceder a toda a información. 

Saúdos!




APADRIÑAMENTO LECTOR

E chegou o mes de Abril, o mes dos libros! e o momento de saír cos nosos compañeiros e compañeiras do cole á rúa, a ler un libro.

O alumnado dos cursos superiores, apadriñou aos nenos e nenas de cursos máis baixos, para compartir un anaco de lectura dos seus libros favoritos. O noso cole quedou completamente vacío, e a alameda de Pontevedra encheuse de nenos e nenas que, uns lendo, e outros escoitando, compartían o seu agarimo pola lectura.

Se pinchades na foto poderedes acceder á galería do noso cole, para ver máis fotos desta actividade tan máxica.