DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
DÍA DE ROSALÍA
Este ano, conmemoramos o día do nacemento de Rosalía de Castro cunha pegada de carteis polo noso barrio. Logo de ler, recitar e cantar poemas de Rosalía, fixemos a súa imaxe máis coñecida entre todo o alumnado do centro, e saímos ás rúas da nosa contorna para anunciar e festexar este día. Grazas a todos os colaboradores: escolas infantís, cafeterías, farmacias, tendas, ximnasios...por permitirnos deixar o noso pequeno traballo en beneficio da nosa Literatura e Lingua Galega!
LECTURAS COMPARTIDAS
Outra actividade que nos gusta moito, é compartir lecturas co alumnado.
Nalgúns días programados, os nenos e nenas dos cursos superiores acuden na hora de ler ás aulas de infantil ou primeiro ciclo de primaria para lermos contos. Quedamos pampos escoitando as súas lecturas.
E despois, tócanos imitalos. Encántanos que nos escoiten aos peques tamén!
Grazas compañeir@s!
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL
Nesta entrada deixamos algunhas recomendacións lectoras que enviamos ás familias polo Nadal en forma de tríptico.
Agardamos que vos gusten e que disfrutedes da súa lectura, non o deixedes para outro día!...
...non fai falta ter moito tempo...
PARA LER UN POUQUIÑO,
SEMPRE HAI UN ANAQUIÑO!
LECTURAS EN HALLOWEEN
Samaín e Halloween é unha data moi especial para nós, porque é unha festividade que celebramos cunha mestura de diversión e medo, que nos fai desexala cada ano, nada máis empezar o curso!!!
Este ano con motivo do retraso das obras, pensamos que non a celebrariamos, pero grazas ás familias, puidemos levala a cabo... no noso recuncho especial....para os temibles .....
...RELATOS DE MEDO!!!!
Aproveitando a arquitectura do noso cole, temos un recuncho cheo de misterio, entre paredes de pedra e escaleiras antigas de madeira chirriantes, lugar, onde escoitar lecturas de medo é unha experiencia incrible. Isto é grazas a marabillosa decoración das familias, que fai que o día de Samaín eHalloween sexa inolvidable.
Grazas Familias!