DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Para celebrar o 17 de Maio, o alumnado das diferentes aulas escolleu unha canción tradicional galega, que aprenderon e cantaron, escribindo un anaco dela (título, estrofa, retrouso…), nunha peza dun puzle de madeira que, xuntas formaban o mapa da nosa terra. 

Desta conmemoración apreciamos o xeito tan sinxelo de explicar que Galicia é a nosa voz e as Nosas Letras.

Saúdos!



CELEBRACIÓN DOS MAIOS

As familias do noso cole, a través da ANPA e en colaboración cos mestres, mestras e alumnado do noso cole, recuperamos unha tradición galega moi fermosa: Os maios. A elaboración foi custosa pero  marabillosa e, entre as coplas creadas, o alumnado de 5º de primaria encargouse de cantalas, non só no noso cole, senón tamén no Concurso de maios levado a cabo polo Concello de Pontevedra. Aquí vos deixamos algunhas imaxes a través das que podedes acceder a toda a información. 

Saúdos!


PONTECIENCIA

 O noso cole participou en Ponteciencia, cun proxecto moi interesante relacionado co mar, titulado “A forza dos océanos”. 

A través de diferentes experimentos, os alumnos de 6º de Primaria, investigaron como se pode obter enerxía da forza do mar e dos océanos, e para isto expuxeron a súa investigación a través da iluminación da bombilla dun faro.

A participación de proxectos coma este, axúdannos a facer máis grande o noso recuncho de ciencia da biblio, que cada ano facemos máis completo.

A través destas imaxes vos deixamos enlaces para acceder a toda a información. 

Saúdos!




APADRIÑAMENTO LECTOR

E chegou o mes de Abril, o mes dos libros! e o momento de saír cos nosos compañeiros e compañeiras do cole á rúa, a ler un libro.

O alumnado dos cursos superiores, apadriñou aos nenos e nenas de cursos máis baixos, para compartir un anaco de lectura dos seus libros favoritos. O noso cole quedou completamente vacío, e a alameda de Pontevedra encheuse de nenos e nenas que, uns lendo, e outros escoitando, compartían o seu agarimo pola lectura.

Se pinchades na foto poderedes acceder á galería do noso cole, para ver máis fotos desta actividade tan máxica.


SALÓN INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA

Igual que estes últimos anos, participamos no Salón do Libro de Pontevedra, con traballos realizados polo noso alumnado, este ano, de Infantil e Primeiro ciclo de Primaria. Como o noso proxecto xiraba entorno ao Mar e os Océanos, sumerxímonos no fondo do mar, para adentrarnos nunha viaxe fascinante e chea de misterios da man de Jules Verne. Así, construimos un Nautilus, que nos serviu para coñecer a imaxinación infinita e chea de inxenios deste escritor frances. De paso, enchemos a nosa Biblio con novas edicións dos clásicos de Jules Verne, como Vinte mil leguas de Viaxe Submarino, a nosa favorita.

E tamén Visitounos Orbil! Que sorpresa!



Se pinchades na imaxe accederedes á galería do cole e poderedes ver algunha fotiño máis. 

Saúdos! 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Como cada ano, para conmemorar este día, empapámonos de información para coñecer a esas mulleres que foron tan importantes para a nosa sociedade, pero que o tempo e outros motivos fixeron que se perderan no olvido. En relación ao noso Proxecto de centro sobre o Mar e os Océanos, traballamos "as mulleres e o mar" coñecendo a Rachel Carson, Silvia Earle, Isabel Barreto, Nené ou Ángeles Alvariño, entre outras. 


DÍA DE ROSALÍA

Este ano, conmemoramos o día do nacemento de Rosalía de Castro cunha pegada de carteis polo noso barrio. Logo de ler, recitar e cantar poemas de Rosalía, fixemos a súa imaxe máis coñecida entre todo o alumnado do centro, e saímos ás rúas da nosa contorna para anunciar e festexar este día. Grazas a todos os colaboradores: escolas infantís, cafeterías, farmacias, tendas, ximnasios...por permitirnos deixar o noso pequeno traballo en beneficio da nosa Literatura e Lingua Galega!

LECTURAS COMPARTIDAS

Outra actividade que nos gusta moito, é compartir lecturas co alumnado. 

Nalgúns días programados, os nenos e nenas dos cursos superiores acuden na hora de ler ás aulas de infantil ou primeiro ciclo de primaria para lermos contos. Quedamos pampos escoitando as súas lecturas. 

E despois, tócanos imitalos. Encántanos que nos escoiten aos peques tamén!

Grazas compañeir@s!

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL

Nesta entrada deixamos algunhas recomendacións lectoras que enviamos ás familias polo Nadal en forma de tríptico.

Agardamos que vos gusten e que disfrutedes da súa lectura, non o deixedes para outro día!...

...non fai falta ter moito tempo...

PARA LER UN POUQUIÑO,

SEMPRE HAI UN ANAQUIÑO!



LECTURAS EN HALLOWEEN

 

Samaín e Halloween é unha data moi especial para nós, porque é unha festividade que celebramos cunha mestura de diversión e medo, que nos fai desexala cada ano, nada máis empezar o curso!!!

Este ano con motivo do retraso das obras, pensamos que non a celebrariamos, pero grazas ás familias, puidemos levala a cabo... no noso recuncho especial....para os temibles .....

...RELATOS DE MEDO!!!!

Aproveitando a arquitectura do noso cole, temos un recuncho cheo de misterio, entre paredes de pedra e escaleiras antigas de madeira chirriantes, lugar, onde escoitar lecturas de medo é unha experiencia incrible. Isto é grazas a marabillosa decoración das familias, que fai que o día de Samaín eHalloween sexa inolvidable. 

Grazas Familias!



FAMILIAS LECTORAS

 Durante o tempo que non puidemos visitar a Biblio, o que si puidemos seguir mantendo foron as visitas dos nosos familiares para contarnos un conto. Como todos os venres últimos de mes, na hora de ler, disfrutamos das visitas dos pais, nais, avós e avoas, tíos, tías, ou padriños e madriñas!

Grazas, familias!



ESTAMOS EN OBRAS!

 Este ano, o inicio das actividades da nosa biblioteca, retrasouse bastante polas obras de acondicionamento do noso centro, que fixo que fose IMPOSIBLE entrar nela.

Mentres todo volvía ao seu sitio, as nosas aulas convertéronse nas illas de lectura que nos permitiron chegar a eses grandes tesouros soterrados, que cada libro ten no seu interior.

E o día de poder abrir chegou. O 24 de outubro, Evaristo agardaba na Biblio, cun agasallo para nós, que recibimos contentísimos e felices, e coa boa nova de que xa podiamos entrar no lugar favorito do noso centro: O recuncho de Evaristo. Aquí temos a mensaxe da nosa mascota para que o disfrutedes. Saúdos!