Onte, tivo lugar o primeiro Apadriñamento lector do curso e como podedes ver a continuación nas fotos, foi todo un éxito. O alumnado de 5º e 6º curso tiña moi ben preparadas as lecturas e os pequenos desfrutaron coa actividade.
Noraboa!!!
MAGOSTO
Hoxe tivemos o magosto e comemos castañas ata fartarnos, porque estaban boíiiiisimas.
Ao rematar, tivemos un circuíto de xogos polo que foron pasando todos os cursos no que colaborou de xeito especial o alumnado de sexto.
Ao rematar, tivemos un circuíto de xogos polo que foron pasando todos os cursos no que colaborou de xeito especial o alumnado de sexto.
VISITA A LOURIZÁN
Por mor do proxecto que estamos realizando UN PASEO POLO BOSQUE, visitamos o pazo de Lourizán e as súas instalacións para tomar contacto coa natureza e aprender moito máis arredor das plantas.
EXPOSICIÓN DE CABAZAS
Xa temos gañadores do concurso de cabazas, pero antes de nada cómpre felicitar a todas as familias pola enorme participación e o derroche de creatividade que ano tras ano nos asombra e deleita.
Grazas pola colaboración!
As familias elexiron as seguintes:
PRIMARIA INFANTIL


O profesorado, logo dunha votación , elexiu tres:
PRIMARIA


INFANTIL
NORABOA A TOD@S!!!
Grazas pola colaboración!
As familias elexiron as seguintes:
PRIMARIA INFANTIL


O profesorado, logo dunha votación , elexiu tres:
PRIMARIA



INFANTIL
NORABOA A TOD@S!!!
Samaín
Este venres celebramos o Samaín con música, merendas tenebrosas e moitísimo medo que nos produciu a lectura de contos terroríficos na que participaron todos os cursos e que resultou un éxito.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)