Despedimos este curso cunhas recomendacións lectoras para disfrutar este verán, ademáis do enlace á nosa revista escolar, que sempre publica cousiñas que fixemos ao longo do curso moi interesante.
Ata o vindeiro curso!
Despedimos este curso cunhas recomendacións lectoras para disfrutar este verán, ademáis do enlace á nosa revista escolar, que sempre publica cousiñas que fixemos ao longo do curso moi interesante.
Ata o vindeiro curso!
Para celebrar o 17 de Maio, o alumnado das diferentes aulas escolleu unha canción tradicional galega, que aprenderon e cantaron, escribindo un anaco dela (título, estrofa, retrouso…), nunha peza dun puzle de madeira que, xuntas formaban o mapa da nosa terra.
Desta conmemoración apreciamos o xeito tan sinxelo de explicar que Galicia é a nosa voz e as Nosas Letras.
Saúdos!
As familias do noso cole, a través da ANPA e en colaboración cos mestres, mestras e alumnado do noso cole, recuperamos unha tradición galega moi fermosa: Os maios. A elaboración foi custosa pero marabillosa e, entre as coplas creadas, o alumnado de 5º de primaria encargouse de cantalas, non só no noso cole, senón tamén no Concurso de maios levado a cabo polo Concello de Pontevedra. Aquí vos deixamos algunhas imaxes a través das que podedes acceder a toda a información.
Saúdos!
O noso cole participou en Ponteciencia, cun proxecto moi interesante relacionado co mar, titulado “A forza dos océanos”.
A través de diferentes experimentos, os alumnos de 6º de Primaria, investigaron como se pode obter enerxía da forza do mar e dos océanos, e para isto expuxeron a súa investigación a través da iluminación da bombilla dun faro.
A participación de proxectos coma este, axúdannos a facer máis grande o noso recuncho de ciencia da biblio, que cada ano facemos máis completo.
A través destas imaxes vos deixamos enlaces para acceder a toda a información.
Saúdos!
E chegou o mes de Abril, o mes dos libros! e o momento de saír cos nosos compañeiros e compañeiras do cole á rúa, a ler un libro.
O alumnado dos cursos superiores, apadriñou aos nenos e nenas de cursos máis baixos, para compartir un anaco de lectura dos seus libros favoritos. O noso cole quedou completamente vacío, e a alameda de Pontevedra encheuse de nenos e nenas que, uns lendo, e outros escoitando, compartían o seu agarimo pola lectura.
Se pinchades na foto poderedes acceder á galería do noso cole, para ver máis fotos desta actividade tan máxica.
Igual que estes últimos anos, participamos no Salón do Libro de Pontevedra, con traballos realizados polo noso alumnado, este ano, de Infantil e Primeiro ciclo de Primaria. Como o noso proxecto xiraba entorno ao Mar e os Océanos, sumerxímonos no fondo do mar, para adentrarnos nunha viaxe fascinante e chea de misterios da man de Jules Verne. Así, construimos un Nautilus, que nos serviu para coñecer a imaxinación infinita e chea de inxenios deste escritor frances. De paso, enchemos a nosa Biblio con novas edicións dos clásicos de Jules Verne, como Vinte mil leguas de Viaxe Submarino, a nosa favorita.
E tamén Visitounos Orbil! Que sorpresa!
Se pinchades na imaxe accederedes á galería do cole e poderedes ver algunha fotiño máis.
Saúdos!
Este ano, conmemoramos o día do nacemento de Rosalía de Castro cunha pegada de carteis polo noso barrio. Logo de ler, recitar e cantar poemas de Rosalía, fixemos a súa imaxe máis coñecida entre todo o alumnado do centro, e saímos ás rúas da nosa contorna para anunciar e festexar este día. Grazas a todos os colaboradores: escolas infantís, cafeterías, farmacias, tendas, ximnasios...por permitirnos deixar o noso pequeno traballo en beneficio da nosa Literatura e Lingua Galega!
Outra actividade que nos gusta moito, é compartir lecturas co alumnado.
Nalgúns días programados, os nenos e nenas dos cursos superiores acuden na hora de ler ás aulas de infantil ou primeiro ciclo de primaria para lermos contos. Quedamos pampos escoitando as súas lecturas.
E despois, tócanos imitalos. Encántanos que nos escoiten aos peques tamén!
Grazas compañeir@s!
Nesta entrada deixamos algunhas recomendacións lectoras que enviamos ás familias polo Nadal en forma de tríptico.
Agardamos que vos gusten e que disfrutedes da súa lectura, non o deixedes para outro día!...
...non fai falta ter moito tempo...
PARA LER UN POUQUIÑO,
SEMPRE HAI UN ANAQUIÑO!